Comisión académica

A Comisión Académica do Máster (CAM) é un órgano colegiado responsable da xestión e organización académica do título. Réxese por un regulamento de réxime interno aprobado pola Comisión de Estudos de Posgrao da Universidade de Vigo.

Coordinación Responsable
Presidenta M. Mar García Señorán
Secretaria M. del Pino Díaz Pereira
Miembro Comisión de Calidade do centro F. Javier García Nuñez
Vogais Sonia Alfonso Gil
Ángeles Conde Rodríguez
Manuela Raposo Rivas
Fernando Tellado González

 

Coordinación do título

O procedemento de coordinación docente deste título é tanto vertical como horizontal. Estruturase a través das figuras de coodinadora do máster, coordinadores/as de módulos, materias e Traballos de Fin de Máster (TFM).

Coordinación Responsable
Coordinación académica M. Mar García Señorán
Módulo I Fernando Tellado González
Módulo II Ángeles Conde Rodríguez
Módulo III Manuela Raposo Rivas
Traballo Fin de Máster M. Mar García Señorán

Para asegurar a adecuada coordinación docente e a avaliación continuada das materias en cada curso académico, realizaranse reunións de seguimento entre os distintos coordinadores e utilizarase un espazo común de traballo habilitado para tal fin na plataforma de teleformación (FaiTIC) para un intercambio fluído de información e experiencias.

Ao comezo de cada curso revisarase o calendario de actividades co fin de que non se produzan solapamentos nos contidos entre as guías docentes das distintas materias e corrixir a tendencia á sobrecarga na proposta de actividades para o alumnado, asegurándose unha distribución equilibrada de tarefas ao longo de todo o curso académico apoiada nunha programación racional das materias. Para logralo proporcionaranse con certa periodicidade datos de seguimento para manter informados os profesores e ao Decanato sobre incidencias e eventos relevantes.

Ao finalizar cada cuadrimestre e o propio curso académico celebraranse reunións destinadas a facer balance e destacar posibles problemáticas a resolver para os seguintes cuadrimestres e curso académico. Con todo iso perséguese analizar as distintas propostas de mellora, establecer criterios básicos de avaliación e organizar actividades conxuntas que afecten a máis dunha materia, por citar algúns obxectivos concretos.

En definitiva, o sistema de coordinación pretende constituírse como un elemento fundamental na introdución dos novos obxectivos e metodoloxías e, sobre todo, servirá para profundar nunha mellor coordinación entre docentes e entre estes e o centro.