Obxectivos xerais
Obxectivo xeral 1 (OG1):
Adquirir unha formación avanzada, especializada e multidisciplinar, orientada a coñecer o estado actual da investigación no ámbito das dificultades de aprendizaxe, o logro académico e os procesos cognitivos.
Obxectivo xeral 2 (OG2):
Coñecer e aplicar métodos e técnicas cualitativas e cuantitativas para a iniciación nas tarefas de investigación neste ámbito de coñecemento.
Obxectivos específicos
Obxectivo específico 1 (OE1):
Comprender e analizar de maneira sistemática o funcionamento dos procesos cognitivos, as súas implicacións nas dificultades de aprendizaxe e no logro académico.
Obxectivo específico 2 (OE2):
Aplicar procedementos de avaliación cognitiva, interpretar as súas puntuacións e derivar sistemas de intervención en función das necesidades detectadas e os contextos.
Obxectivo específico 3 (OE3):
Dominar habilidades e métodos de investigación no campo das dificultades de aprendizaxe e os procesos cognitivos.
Obxectivo específico 4 (OE4):
Deseñar, planificar e implementar investigacións para contribuir científicamente ao avance do coñecemento neste ámbito.
Obxectivo específico 5 (OE5):
Analizar críticamente, avaliar e sintetizar novas propostas de explicación, avaliación e intervención nas dificultades de aprendizaxe escolar.
Obxectivo específico 6 (OE6):
Transmitir tanto a nivel académico como á sociedade no seu conxunto os hachazgos atopados.