Para que serve o título de máster?

Tratase dun máster orientado á investigación, considerado como período de formación do título de doutor/a. Unha vez superado poderá dar acceso á realización da tese de doutoramento.

Que titulación é necesaria para matricularse no máster?

Estar en posesión dun título universitario oficial (diplomado, licenciado ou graduado).

Terán preferencia as persoas licenciadas en Psicopedagoxía, Psicoloxía, Pedagoxía, Mestre especialista en Educación Especial, Audición e Linguaxe, Educación Infantil e Primaria. Así como mestres de ensino secundario, primario e infantil en activo.

Cando é o período de matrícula?

No primeiro prazo do 17 ao 22 de xullo de 2019, no segundo do 13 ao 16 de setembro de 2019. Consulta o calendario de preinscrición e matrícula.

Que duración ten o máster?

Un curso académico (dous cuadrimestres).

Que debe facerse para conseguir o título de máster?

Ter superados 48 créditos ECTS de carácter obrigatorio e os 12 créditos do Traballo de Fin de Máster.

Que é un crédito ECTS?

Un crédito ECTS representa o traballo que debe realizar o estudantado para acadar os obxectivos previstos no plan de estudos. Equivale a 25 horas e inclúe clases presenciais (teóricas, prácticas, seminarios, etc.), preparación de traballos, horas de estudo.

É necesario asistir a clase?

Sí. Éste é un máster de modalidade presencial que require a asistencia ás clases programadas e ás sesións de titorización.

Cal é o horario de clase?

Mércores, xoves e venres de 16.30 a 21.30. Excepcionalmente, algún sábado de 10 a 14 horas. Consulta o horario con detalle.