O Traballo Fin de Máster consiste nun traballo de investigación vinculado á práctica profesional, orixinal e inédito.
O Traballo Fin de Máster (TFM) é unha materia obrigatoria situada no segundo cuadrimestre, aínda que a súa preparación debe empezarse no primeiro, consistirá nun traballo tutelado que ten como obxectivo a aplicación dos coñecementos adquiridos neste máster para a elaboración e deseño dun proxecto de investigación en Psicoloxía da Educación.
A este traballo correspondelle un total de 12 créditos ECTS e, para superalo, é necesario a elaboración dunha memoria de investigación e a súa defensa pública.
Orientacións e procedementos para a realización do TFM
Anexo 1 | Anexo 2 | Anexo 3 | Anexo 4
Competencias
- Aplicar os coñecementos adquiridos na elaboración e deseño dun proxecto de investigación en Psicoloxía da Educación
- Adquirir habilidades para obter e analizar críticamente a información científica e construír un marco teórico que sustente conceptualmente un proxecto de investigación
- Ser capaz de planificar, deseñar e levar a cabo unha investigación educativa orixinal dentro da área de coñecemento
- Comunicar de forma científica os resultados do proxecto de investigación
- Preparar o informe final para a súa publicación
O estudantado debe cumprimentar a ficha de solicitude da liña de investigación do TFM (dispoñible en FaiTIC “espacio común del alumnado del Máster en Dificultades de Aprendizaje y Procesos Cognitivos), ordenar por orde de preferencia cada liña e subir a ficha ao apartado de FaiTIC “solicitud línea investigación”.
- Dificultades globais de aprendizaxe
- Dificultades específicas de aprendizaxe
- Trastornos do desenvolvemento
- Procesos cognitivos de aprendizaxe
- Procesos motivacionais implicados na aprendizaxe
- Expectativas para evitar o fracaso académico
- Modificabilidade cognitiva
- Regulación verbal da conduta
- A actividade física na aprendizaxe
- Atención ás dificultades de aprendizaxe a través das TIC
Para poder optar á defensa oral do TFM será necesario presentar ao titor/a unha memoria de investigación do traballo realizado e un artigo -elaborado a partir do mesmo- adaptado ás normas dunha revista de Psicoloxía da Educación. O titor/a deberá emitir un informe favorable do traballo realizado.
O TFM será avaliado e cualificado por un tribunal formado por tres docentes do máster. Na avaliación terase en conta a valoración que realice o titor/a do traballo realizado.
Na nota do traballo fin de máster terase en conta a redacción da memoria, un artigo sobre a investigación realizada e a defensa oral do TFM.
Para optar á defensa pública do TFM serán necesarios o visto e prace do titor/a e a súa valoración previa dos traballos segundo os criterios establecidos. Estes aspectos poderán consultarse na aula virtual.
Establecerase anualmente un calendario cos prazos de entrega da memoria final ao titor/a e á coordinación do máster onde estarán fixadas as datas correspondentes ás dúas convocatorias anuais de defensa (xuño ou xullo) que teñen os estudantes.
O TFM deberá defenderse publicamente perante un tribunal formado por tres profesores/as do máster durante aproximadamente 15 minutos. A continuación o tribunal debaterá e comentará co estudante os aspectos expostos previamente.
A composición do tribunal do TFM será determinada pola Comisión Académica que seleccionará de entre o profesorado do máster Presidente/a, Vocal e Secretario/a e os seus respectivos suplentes. O tribunal terá a mesma composición para a 1ª e a 2ª convocatoria.
Calendario de defensa do TFM
Convocatoria | Solicitude | Depósito | Defensa |
---|---|---|---|
Adiantada | 05-13/02/2025 | 14/02/2025 | 19/02/2025 |
Xuño | 05-12/06/2025 | 13/06/2025 | 19/06/2025 |
Xullo | 04-10/07/2025 | 11/07/2025 | 17/07/2025 |
Coordinación do Traballo Fin de Máster
Mar García Señorán
+34 988 387 180
msenoran@uvigo.es