Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

Obxectivos xerais

Obxectivo xeral 1 (OG1): Adquirir unha formación avanzada, especializada e multidisciplinar, orientada a coñecer o estado actual da investigación no ámbito das dificultades de aprendizaxe, o logro académico e os procesos cognitivos.

Obxectivo xeral 2 (OG2): Coñecer e aplicar métodos e técnicas cualitativas e cuantitativas para a iniciación nas tarefas de investigación neste ámbito de coñecemento.

 

Obxectivos específicos

Obxectivo específico 1 (OE1): Comprender e analizar de maneira sistemática o funcionamento dos procesos cognitivos, as súas implicacións nas dificultades de aprendizaxe e no logro académico.

Obxectivo específico 2 (OE2): Aplicar procedementos de avaliación cognitiva, interpretar as súas puntuacións e derivar sistemas de intervención en función das necesidades detectadas e os contextos.

Obxectivo específico 3 (OE3): Dominar habilidades e métodos de investigación no campo das dificultades de aprendizaxe e os procesos cognitivos.

Obxectivo específico 4 (OE4): Deseñar, planificar e implementar investigacións para contribuir científicamente ao avance do coñecemento neste ámbito.

Obxectivo específico 5 (OE5): Analizar críticamente, avaliar e sintetizar novas propostas de explicación, avaliación e intervención nas dificultades de aprendizaxe escolar.

Obxectivo específico 6 (OE6): Transmitir tanto a nivel académico como á sociedade no seu conxunto os hachazgos atopados.