Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

Segundo o Real Decreto 822/2021, polo que se establece a organización das ensinanzas universitarias oficiais terán acceso ao mestrado quenes reúnan algún dos seguintes requisitos:

  • Para acceder ás ensinanzas oficiais de mestrado será necesario estar en posesión dun título universitario oficial español ou outro expedido por unha institución de educación superior do Espazo Europeo de Educación Superior que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de mestrado.
  • Asímesmo, poderán acceder as persoas tituladas conforme a sistemas educativos alleos ao Espazo Europeo de Educación Superior sen necesidade da homologación dos seus títulos, previa comprobación pola universidade de que aqueles acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinos de posgrao. O acceso por esta vía non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo de que esté en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento a outros efectos que o de cursar as ensinanzas de mestrado.

Os estudantes estranxeiros de fala non hispana deberán acreditar que teñen os coñecementos lingüísticos suficientes para cursar o mestrado ou, na súa falta, garantir a aprendizaxe do mesmo ao longo do curso mediante compromiso escrito de matrícula nos cursos de idiomas para estranxeiros ofrecidos pola universidade, ou noutros equivalentes.