O mestrado consta dun total de 60 créditos, distribuídos en 2 cuadrimestres de 30 créditos cada un. Destes, 12 créditos son de formación en procesos cognitivos e dificultades de aprendizaxe, 15 créditos son de formación metodolóxica en técnicas de investigación en psicoloxía educativa e 21 corresponden a materias de formación específica en dificultades de aprendizaxe. Os 12 restantes son para o Traballo de fin de Máster.
| Materia | Carácter | ECTS |
|---|---|---|
| Dificultades de aprendizaxe e intervención baseada nos procesos de codificación | Obrigatoria | 3 |
| Dificultades de aprendizaxe e intervención baseada nos procesos de atención e planificación | Obrigatoria | 3 |
| Dificultades de aprendizaxe no proceso lector | Obrigatoria | 3 |
| Dificultades de aprendizaxe e estratexias cognitivas | Obrigatoria | 3 |
| Materia | Carácter | ECTS |
|---|---|---|
| Técnicas de medida dos procesos lectores | Obrigatoria | 3 |
| Dificultades de aprendizaxe na escritura e no cálculo | Obrigatoria | 3 |
| Motricidade e dificultades de aprendizaxe escolar | Obrigatoria | 3 |
| Procesos motivacionais e dificultades de aprendizaxe | Obrigatoria | 3 |
| Función reguladora da linguaxe, procesos cognitivos e dificultades de aprendizaxe | Obrigatoria | 3 |
| Dificultades de aprendizaxe, coeficiente intelectual e enriquecemento instrumental | Obrigatoria | 3 |
| Autorregulación e dificultades de aprendizaxe | Obrigatoria | 3 |
| Materia | Carácter | ECTS |
|---|---|---|
| Iniciación á investigación en psicoloxía educativa | Obrigatoria | 3 |
| Métodos e deseños de investigación en psicoloxía educativa | Obrigatoria | 3 |
| Técnicas cuantitativas de investigación e análises de datos | Obrigatoria | 3 |
| Técnicas cualitativas de investigación e análisis de datos | Obrigatoria | 3 |
| Utilización das TICs para a busca, xestión e codificación da información | Obrigatoria | 3 |
| Materia | Carácter | ECTS |
|---|---|---|
| Traballo Fin de Máster | Obrigatoria | 12 |
Perfil de egreso
Tras adquirir as competencias que pretende desenvolver o mestrado, o estudantado titulado posuirá unha formación avanzada, especializada e multidisciplinar, que o capacitará para a investigación no ámbito psicoeducativo. Será competente para o estudo, identificación e intervención nas dificultades de aprendizaxe escolar.
Asimesmo será capaz de:
- Optimizar a aprendizaxe do estudantado en idade escolar
- Comprender a aplicabilidade do coñecemento empírico á investigación en dificultades de aprendizaxe
- Transmitir o coñecemento científico e as conclusións, tanto á comunidade científica como á sociedade en xeral
- Xestionar mediante grupos altamente especializados a información e a comunicación con fins de investigación e difusión
- Promover a investigación e desenvolver instrumentos e procedementos que sexan sensibles ao recoñecemento das diferenzas entre mulleres e homes, procedencia e funcionalidade, á vez que potencien o enriquecemento humano dos equipos e das persoas sen diferenciar en canto a xénero, oportunidades e accesibilidade para todos, incluíndo os valores democráticos da sociedade europea actual, o fomento da cultura da paz e a protección ambiental
Saídas profesionais
- Centros escolares de infantil, primaria e secundaria
- Equipos e servizos especializados de orientación educativa e psicopedagóxica, departamentos de orientación, equipos de orientación provinciais
- Centros de detección e tratamento das dificultades de aprendizaxe
- Área educativa de concellos, deputacións
- Centros de formación e recursos
- Centros públicos e privados de I+D+i