O Traballo Fin de Máster consiste nun traballo de investigación vinculado á práctica profesional, orixinal e inédito
O Traballo Fin de Máster (TFM) é un traballo de investigación, persoal e orixinal, que o estudantado realizará baixo a titorización do profesorado do título. Ten como obxectivo a aplicación dos coñecementos e competencias adquiridos neste mestrado para a elaboración e deseño dun proxecto de investigación relacionado cos contidos dalgunha das materias do mestrado.
O TFM é unha materia obrigatoria e correspóndelle un total de 12 créditos ECTS. Para superalo, é necesaria a elaboración dunha memoria de investigación e a súa defensa pública.
Normativa para a realización do traballo fin de mestrado
Orientacións e procedementos para a realización do TFM
Calendario de defensa do TFM
| Convocatoria | Solicitude | Depósito | Defensa |
|---|---|---|---|
| Adiantada | 22/01/2027 - 27/01/2027 | 28/01/2027 | 04/02/2027 |
| Xuño | 02/06/2027 - 09/06/2027 | 10/06/2027 | 17/06/2027 |
| Xullo | 01/07/2027 - 07/07/2027 | 08/07/2027 | 15/07/2027 |
Coordinación do TFM
Mar García Señorán
+34 988 387 180