Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

A Facultade de Educación e Traballo Social conta con recursos materiais e servizos adecuados e suficientes para o desenvolvemento das actividades formativas planificadas nos seus títulos. Así mesmo, as instalacións cumpren cos requisitos de accesibilidade que marca a normativa vixente. Regularmente avalíase a accesibilidade dos mesmos para persoas discapacitadas e todos os anos revísanse e eméndanse as posibles incidencias respecto diso en colaboración coa vicerreitoría correspondente e a Unidade Técnica da Universidade de Vigo.

As actividades docentes e de servizos distribúense en diversos edificios:

  • O Edificio de Facultades no que se atopan, entre outras instalacións, as aulas, moitos laboratorios e os servizos do decanato da facultade.
  • Pavillón 1 e Pavillón 2 nos que se atopan os despachos do profesorado, así como seminarios e algúns laboratorios.

A facultade realizou as modificacións necesarias que garanten a accesibilidade: prazas de coche reservadas para minusválidos físicos, servizos hixiénicos adaptados, sinalizacións en Braille nos ascensores, etc.

Máis información