Comisión académica
A Comisión Académica do Máster (CAM) é un órgano colegiado responsable da xestión e organización académica do título. Réxese por un regulamento de réxime interno aprobado pola Comisión de Estudos de Posgrao da Universidade de Vigo.
| Coordinación | Responsable |
|---|---|
| Presidenta | M. Mar García Señorán |
| Secretaria | Sonia Alfonso Gil |
| Responsable de calidade do centro | M. José Vázquez Figueiredo |
| Vogais | Sonia Alfonso Gil Ángeles Conde Rodríguez Manuela Raposo Rivas Fernando Tellado González |
| Representación do PTXAS | Elsa López Jorge |
| Representación do estudantado | Lucía Díaz Comesaña |
Coordinación do título
O procedemento de coordinación docente deste título é tanto vertical como horizontal. Estruturase a través das figuras de coodinadora do máster, coordinadores/as de módulos, materias e Traballo de Fin de Máster (TFM).
| Coordinación | Responsable |
|---|---|
| Coordinación académica | M. Mar García Señorán |
| Módulo I | Fernando Tellado González |
| Módulo II | Ángeles Conde Rodríguez |
| Módulo III | Manuela Raposo Rivas |
| Traballo Fin de Máster | M. Mar García Señorán |
Para asegurar a adecuada coordinación docente e a avaliación continuada das materias en cada curso académico, realizaranse reunións de seguimento entre os distintos coordinadores e utilizarase un espazo común de traballo habilitado para tal fin na plataforma de teleformación (MooVi) para un intercambio fluído de información e experiencias.
Ao comezo de cada curso revisarase o calendario de actividades co fin de que non se produzan solapamentos nos contidos entre as guías docentes das distintas materias e corrixir a tendencia á sobrecarga na proposta de actividades para o estudantado, asegurándose unha distribución equilibrada de tarefas ao longo de todo o curso académico apoiada nunha programación racional das materias. Para logralo proporcionaranse con certa periodicidade datos de seguimento para manter informado ao profesorado e ao decanato sobre incidencias e eventos relevantes.
Ao finalizar cada cuadrimestre e o propio curso académico celebraranse reunións destinadas a facer balance e destacar posibles problemáticas a resolver para os seguintes cuadrimestres e curso académico. Con todo iso perséguese analizar as distintas propostas de mellora, establecer criterios básicos de avaliación e organizar actividades conxuntas que afecten a máis dunha materia, por citar algúns obxectivos concretos.
En definitiva, o sistema de coordinación pretende constituírse como un elemento fundamental na introdución dos novos obxectivos e metodoloxías e, sobre todo, servirá para profundar nunha mellor coordinación entre docentes e entre estes e o centro.