Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

Para que serve o título de mestrado?

Tratase dun mestrado orientado á investigación, considerado como período de formación do título de doutor/a. Unha vez superado poderá dar acceso á realización da tese de doutoramento.

Que titulación é necesaria para matricularse no mestrado?

Estar en posesión dun título universitario oficial (diplomado, licenciado ou graduado).

Terán preferencia as persoas licenciadas en Psicopedagoxía, Psicoloxía, Pedagoxía, Mestre especialista en Educación Especial, Audición e Linguaxe, Educación Infantil e Primaria. Así como mestres de ensino secundario, primario e infantil en activo.

Cando é o período de matrícula?

No primeiro prazo en xullo e no segundo en setembro. Consulta o calendario de preinscrición e matrícula.

Que duración ten o mestrado?

Un curso académico (dous cuadrimestres).

Que debe facerse para conseguir o título de mestrado?

Ter superados 48 créditos ECTS de carácter obrigatorio e os 12 créditos do Traballo de Fin de Máster.

Que é un crédito ECTS?

Un crédito ECTS representa o traballo que debe realizar o estudantado para acadar os obxectivos previstos no plan de estudos. Equivale a 25 horas e inclúe clases presenciais (teóricas, prácticas, seminarios, etc.), preparación de traballos, horas de estudo.

É necesario asistir a clase?

Sí. Éste é un mestrado de modalidade presencial que require a asistencia ás clases programadas e ás sesións de titorización.

Cal é o horario de clase?

Mércores, xoves e venres de 16.30 a 21.30. Excepcionalmente, algún sábado de 10 a 14 horas. Consulta o horario con detalle.